O programa
Picasa 3.8 pola súa facilidade para
facer un vídeo con só poñer as fotos e a posibilidade de inxerir
audio cunha duración determinada para "programar" a presentación, parecía a opción máis doada de utilizar xa que directamente poderíamos subir o vídeo a you tube ou á blog de Blogger dende a nosa conta de Google. Son moitas as
funcións que ofrece este programa e non tivemos tempo a probalas todas.
A imaxe que vedes de exemplo moi simple de edicción con
Picnic. Só pusémoslle un marco e engadimos os títulos, para facer máis vistosos o pase das fotos iniciado nela.
Tamén vimos a posibilidade de facer un collage podendo escoller varios formatos. Esta opción foi a que incluimos nas imaxes do noso SAMAÍN tanto para as
pantasmas como para as
cabazas.Outro exemplo é o collage feito coas nosas
felicitacións de nadal.
Con esta ferramenta podemos facer as portadas dos nosos vídeos...etc
Déixovos un exemplo de vídeo presentación no que lle engadimos a música de cumpleanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario